Visitantes

Un público potencial de máis de 10.000 persoas, tendo en conta os mozos que comezarán estudios superiores ou profesionais e aqueles profesionais en situación de desemprego.

Alumnos e familias teñen á súa disposición a posibilidade de acceder a unha orientación educativa que lles axude a analizar todas as opcións e itinerarios formativos a través dun servizo de atención personalizada e gratuíta, atopando respostas ás súas necesidades e coñecendo as oportunidades do mercado laboral e formativo.

Os centros educativos poderán realizar unha visita colectiva á feira xa que todos os diferentes ámbitos educativos estarán presentes, tanto nos stands participantes como nas charlas de orientación universitaria que se realizarán durante os tres días e de forma paralela dentro dos ámbitos Tecnolóxico, Científico, Humanístico e Xurídico Social.

Todos os profesionais do ensino, profesores, mestres e os propios orientadores contan cun espazo propio onde compartir información e recursos educativos. Dentro deste apartado, cabe destacar o espazo AULAS ABERTAS destinado a aprendizaxe ferramentas da web 2.0 e con Mobile Learning ou aprendizase con dispositivos móbiles.

Área de orientación educativa

Aportar respostas ás necesidades actuais e coñecer as oportunidades do mercado laboral, educativo e formativo.